
Ao comezo da xornada, os 2 cociñeiros voluntarios e voluntariosos, coa axuda dalgúns veciños, prepararon a paparota.

Os comensais puideron disfrutar non so da abundante comida, senón tamén dunha xuntanza na que puideron compartir mesa moitas persoas que non adoitan verse de cotío.

Logo de encher o bandullo, chegou o momento de prender a cacharela propia da noite de San Xoán para botar fóra os meigallos.

E por se co lume non fora dabondo para entrar en calor e escorrentar as meigas, unha boa queimada para, como di o esconxuro, "quedar libres dos males da nosa ialma e de todo embruxamento".

Esta foi a primeira actividade veciñal organizada pola Asociación, á que sucederon e sucederán moitas outras.
Un saúdo.
Sem comentários:
Enviar um comentário