24 de agosto de 2009

SAN XOÁN 2009

Un ano despois de inaugurar os festexos organizados pola Asociación co San Xoán do 2008, celebrouse o deste ano, con cambios notables.

O cambio máis significativo foron as reformas feitas no local da Asociación, é dicir, a escola vella de Cospeito. Ampliación, pintura e poñer os baños, fixeron que o espazo do que dispoñemos para as nosas actividades sexa moito máis confortable para todo tipo de actividades que se celebren nel.

A ampliación do local foi verdadeiramente útil, xa que a asistencia de veciños se incrementou na noite de San Xoán do 2009 con respecto á do 2008, feito que agradou á Xunta Directiva, porque ven os seus esforzos agradecidos e anima a crear novas actividades para os socios.

E sen máis leria, aquí vos deixo unhas cantas imaxes da noite de San Xoán da que disfrutaron os veciños de Cospeito que se apuntaron á festa:

Velaí os cociñeiros, os máis importantes da noite! Grazas pola vosa colaboración desinteresada para garantir o desfrute dos veciños.



Unha noite de San Xoán non tería sentido sen unha boa fogueira:



Unhas imaxes dalgúns dos asistentes:







E por último, a beberaxe purificadora de almas máis popular de Galicia (agradecerlle outra vez a Carlos a súa axuda):

Sem comentários: